As funcións relativas á xestión, planificación, supervisión, asesoramento e coordinación dos distintos procesos informáticos de natureza tributaria, contable, orzamentaria e, en xeral, económico-financeira fóronlle atribuídas ó Centro de Proceso de Datos, dependente da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro.
Nos últimos anos o Centro de Proceso de Datos experimentou un notable incremento das prestacións directas de servicios informáticos especializados ós distintos órganos da Consellería de Economía e Facenda e daquelas entidades oficiais colaboradoras con ela no desempeño das súas funcións, sendo precisa unha axeitada reestructuración dos seus recursos técnicos tanto na área de persoal como en equipamento e medios.
Así mesmo, dadas as características e o grao de especialización técnica destes recursos, así como o seu acondicionamento derivado dunha rápida e constante evolución tecnolóxica, das presións de mercado, das funcións que actualmente desempeña e da diversidade e urxencia das prestacións que lle poidan ser requiridas, fíxose necesaria unha redefinición da natureza do Centro de Proceso de Datos para dotalo da máxima axilidade e operatividade.
Por iso, ó estructurar xuridicamente a xestión dos recursos mencionados, e baixo a premisa da necesidade de acudir a un proceso de descentralización funcional que configurara unha personalidade xurídica independente, a Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión, optou pola modalidade dun ente de dereito público no que a submisión ó dereito privado permita a súa rápida adaptación ás múltiples e modernas tecnoloxías que require hoxe en día calquera sistema informático complexo, indispensable para dar soporte axeitado ás necesidades de xestión e estudio en materias tributarias, contables, de recadación e aqueloutras de natureza similar que lle sexan encomendadas, todo iso en prol da consecución dunha maior productividade dos medios dos que se dispoña.
O presente decreto vén dar cumprimento ó disposto no número 6 da disposición adicional quinta da dita lei, que prevé a aprobación polo Consello da Xunta do estatuto do CIXTEC e, por conseguinte, prevé os extremos atinentes á súa composición e organización e ó seu réxime económico, patrimonial e de persoal, desenvolvendo as liñas directrices sentadas na antedita disposición.
De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de decembro de mil novecentos noventa e oito,
A súa actividade económico-financeira rexerase, no que proceda, pola citada Lei 11/1992, do 7 de outubro.
Nas súas actividades de contratación seralle de aplicación a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, ó abeiro do disposto no seu artigo 1.3.
A súa organización e funcións axustaranse ó previsto na disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril, neste decreto e nas súas normas de desenvolvemento.
O CIXTEC adscríbese, de acordo co previsto na citada Lei 2/1998, á Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.
Os órganos de goberno do CIXTEC son o Consello de Dirección, o presidente e mailo director.
O presidente do Consello de Dirección será o conselleiro de Economía e Facenda ou a persoa en quen delegue.
O Consello de Dirección nomeará un secretario, que actuará con voz pero sen voto. O dito nomeamento poderá recaer en persoa adscrita á estructura administrativa do centro.
(1) Corrección de Erros DOG nº 8 do 14/01/1999
Correspóndelle, ademais, ó presidente:
Os recursos económicos do CIXTEC son:
Para o desempeño das súas funcións adscríbenselle ó CIXTEC os bens que viña utilizando á entrada en vigor deste decreto o Centro de Proceso de Datos, dependente da Consellería de Economía e Facenda.
Esta adscrición está sometida á normativa patrimonial da Comunidade Autónoma galega.
O réxime financeiro, contable e orzamentario do CIXTEC axustarase ás normas establecidas para as sociedades públicas autonómicas previstas no artigo 12.1º.b) da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.
Os fondos informáticos xestionados polo CIXTEC serán de uso exclusivo da Consellería de Economía e Facenda.
Os datos, informes ou antecedentes obtidos polo CIXTEC no exercicio das funcións que desempeña como órgano de apoio á xestión tributaria terán o carácter reservado a que alude o artigo 113 da Lei xeral tributaria e, conseguintemente, non poden cederse a terceiros fóra dos supostos a que se refire a antedita disposición.
As autoridades e persoal ó servicio do CIXTEC atópanse igualmente suxeitas ó deber de sixilo que legalmente se lles impón respecto de tales informacións.
No CIXTEC prestan servicios os seguintes tipos de persoal:
Pertencer ó Consello de Dirección non xerará en ningún caso dereitos laborais.
Autorízase o conselleiro de Economía e Facenda para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto.
Este decreto entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1999.
Santiago de Compostela, catro de decembro de mil novecentos noventa oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jose Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda