Volver ao contido

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de hacer Europa"

  • Introducción

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.  O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

 O CIXTEC desenvolve distintas operacións dentro do marco de un obxectivo específico que se detalla a continuación:

Obxectivo
Temático

  02- Mellorar o uso e calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso ás mesmas

Prioridade 
de Inversión

  02.03- O reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a administración electrónica,
  o aprendizaxe electrónico, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica

Obxectivo
Específico

  02.03.02- Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no ámbito dixital